Ver en alta resolución
GRAFFITI & STREET ART(Impartido por Sokram de Dios ke te crew)
Venres de 17:00 a 19:00 h no local social O Cárcere.
50 € mes (Todo o material incluido, sprays, pintura plástica, boquillas, etc…)
Neste curso os alumnos introduciranse de cheo no mundo do Graffiti e da Arte Urbana, por medio de clases teórico-prácticas.
Aprenderán os distintos estilos e técnicas propias do graffiti, a street art e o muralismo. Dende o previo debuxo e bocetado en papel ata o complexo manexo do aerosol, pasando polo aprendizaxe doutras técnicas como a pintura con rodillos e pinceis, a realización e aplicación de plantillas e o deseño de posters en papel pra facer collages de gran formato.
Cada alumno porá en práctica estas técnicas nun espazo habilitado no que realizarán varios murais ao longo do curso exercitando os coñecementos adquiridos.
PRODUCIÓN MUSICAL (Impartido por MOU de Dios ke te crew)
Venres de 17:00 a 19:00 h Sala de informática da casa da cultura.
30 € mes
Neste curso o alumno achegarase ó amplo mundo da produción musical, especialmente ó uso de ferramentas software. A composición mediante sintetizadores e caixas de ritmos, a gravación de instrumentos e voces, así como nocións de mestura serán algúns dos puntos a tratar durante as clases.
Os alumnos acadarán os coñecementos necesarios para realizar as súas propias creacións e levar a cabo as súas gravacións.
Para este cometido usaremos FL Studio ou Ableton Live, nos que veremos diferentes técnicas de composición mediante instrumentos virtuais ou mediante o Sampling, por outra banda veremos programas enfocados á gravación e a mestura como poden ser Protools ou Nuendo.
PERSONALIZACIÓN DE ROUPA E COMPLEMENTOS (Impartido por NANA)
Venres de 19:00 a 21:00 h no local social O Cárcere.
Neste curso os alumnos aprenderán a decorar e personalizar a súa roupa e complementos como gorras, calzado, bolsos,etc. cos seus motivos pictóricos preferidos para aportarlle o seu toque de cor único e personal a cada prenda.
Aprenderán as distintas fases da elaboración dunha peza de roupa única. Dende o previo bocetado en papel, pasando pola realización do deseño definitivo en cor, ata chegar a representación final deste deseño na tea.
Cada alumno traerá as súas prendas escollidas para a ocasión e exercitará estos coñecementos realizando varias prácticas ao longo do curso sobre cada unha delas.
38 € mes (Materiais incluídos: pintura especial pra pintar sobre texidos, imprimacións, fixador, etc…)
CONTACTO:
Fixo 881 864 363 Mov 696 423 490 / 670 275 113
Mail: mutante@mutantecreativo.com
www.mutantecreativo.com